Inicio Entrevistas Xogadores XUVENÍS. PEDRO, CAPITÁN DO NUMANCIA
 
 

XUVENÍS. PEDRO, CAPITÁN DO NUMANCIA

"TEMOS POSIBILIDADES DE GAÑARLLES"

Pedro, un dos capitáns do Numancia xuvenil, está preparado para disputar outra final coas cores numantinas, un ano despois do título de copa conseguido a temporada pasada.

- Pedro, cantos anos levas no Numancia?
- Levo once anos, desde prebenxamins, e estiven 3 anos sen xogar ao futbol desde alevís ata infantís.
- Durante estas temporadas, que momento lembras especialmente?
- A final que gañamos o ano pasado foi o momento máis importante desde que estou no Numancia.
- De que adestrador aprendiches máis?
- De todos os que tiven aprendín algo, pero do que máis, de Xelo, que foi co que estiven máis anos.
- Cal foi o xogador que máis te impresionou no campo, xogando con el? 
-          Xogando con el, Alejandro. Tamén Julio e Jorge pero o que máis o meu compañeiro de equipo Antón.
- Habitualmente, xogas de medio centro. É a posición na que te encontras mellor?
- Na posicion que me encontro máis agusto é a de lateral dereito, pero tamén me gusta xogar de mediocentro.
- Como defines o teu fútbol? Máis físico ca técnico? Pedro Blanco Cartelle.SDR Numancia de Ares. Xuvenis 2009- 2010.
- Máis fisico porque tecnicamente non son moi bon.
- Na túa posición, que futbolista profesional é o teu ídolo?
- Gerrad e Dani alves.
- Centrándonos na final do torneo da AFACO, tivestes que superar a tres grandes rivais: Val, San Sadurniño e Cebarca. Deles, cal ofreceu máis dificultades?
- O Val foi o máis complicado  porque foi o primeiro partido e viñamos de facer unha liga moi mala, e demos a sorpresa nese partido, e tamén nos puxeron as cousas difíciles o San Sadurniño e o Cebarca.
- Foi unha sorpresa para todos esta clasificación, despois dunha liga tan decepcionante. Sinceramente, cando comezou este torneo, e sabendo dos rivais no grupo, víades algunha posibilidade de chegar á final?
- Si que tiñamos posibilidades pero todas pasaban por ganarlle ao Val o primeiro partido en Ares, e despois ir xogarnos o pase a San Sadurniño nun partido moi complicado.
- Houbo algunha clave, algunha motivación extra?
- Non houbo ningunha clave neste torneo, só que estivemos mellor de cara á portería xa que na liga costábanos moito facer goles.
- Mañá, sábado, contra o As Pontes, saídes coma vítimas, dada a categoría do rival. Estás de acordo?
- Eu non diría de vítimas pero saímos con menos presión xa que en teoría o equipo favorito é o As Pontes.
- Que sabes do rival? Cales son os seus xogadores máis determinantes? Que fútbol practica?
- Do rival non coñezo moito xa que teño entendido que cambiou moitos xogadores desde que nos enfrontamos na liga. Paréceme que practican un fútbol de dominar os partidos coa posesión do balón.
- E o Numancia, realmente ten equipo para facerlle daño ao equipo pontés?
- Claro que temos posibilidades non só de facerlle daño se non de ganarlles.
Como podemos comprobar por estas declaracións, este equipo sairá ao campo de San Sadurniño sen complexos e con todas as aspiracións. Pase o que pase, o Numancia xuvenil xa conseguiu esta temporada devolverlle a ilusión aos siareiros aresáns que mañá van acompañar e animar aos seus xogadores. O campo da Piscina vestirase de vermello.

 

 


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.