AFECCIONADOS: NUMANCIA, 3 - SAN MATEO, 0

FRAN: “FALTOUNOS METER ANTES O PRIMEIRO GOL”

Recuperado despois de dúas temporadas con distintos contratempos, Fran Fernández vai recuperando o ritmo da competición. Hoxe realizou un partido moi completo e así foi recoñecido polos afeccionados.

Ares, 15 de outubro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. FranPrimeira temporada nos modestos do Numancia para Fran, un deses xogadores necesarios para que o conxunto funcione, engraxando a maquinaria e dando esa seguridade, esa pausa necesaria no medio campo para esperar o momento de lanzar aos dianteiros con balóns que lles permitan crear perigo. 

Finalizado o partido desta tarde coa vitoria por tres goles a cero fronte ao San Mateo, respondía este breve cuestionario: 

- Partido fácil co San Mateo?

- Si, tivemos o control do balón aínda que nos faltou meter o primeiro gol un pouco antes.

- Que fallou? Por que non entraba o balón?

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Fran- Penso que ao ter o control do partido tan claro, igual tivemos un pouco de relaxación porque víamos que os goles ían acabar chegando.

- Estás xogando no medio campo, un pouco apartado da portería rival. Non botas de menos poder xogar máis cerca e probar o tiro a gol?

- Tirar a portería gústanos a todos pero onde estou xogando encóntrome moi a gusto.

- Gústache máis defender que atacar?

- Non, prefiro atacar.

- E os dianteiros que tes, len ben os teus pases?

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Fran- Si. Enténdome con todos moi ben. Os tres son moi rápidos.

- Logo, resúltache doado enviarlles balóns?

- Si. Están tirando desmarques de continuo.

- E ti, persoalmente, como te encontras despois destes meses de competición? A que nivel estás?

- Diría que a un 70 por cen. Aínda teño que coller forma xa que o ano pasado xoguei moi pouco.

- E o equipo? Estades xa a un nivel alto ou aínda pode dar máis?

- Por suposto que pode dar máis. Estamos a principio de temporada e temos moita marxe de mellora.

- Confías por tanto, en completar unha boa segunda fase?

- Si. Temos un bo equipo e creo que podemos facer boas cousas na segunda fase.

- Continuando cos vaticinios precedentes, dános un resultado para o próximo partido en Valdoviño.

- Gañaremos por 1 – 3.

Como podemos comprobar, respírase certo optimismo nos xogadores do Numancia. E Fran será unha das claves para poder conseguir eses resultados, pois se encontra ese punto de forma que busca, sen dúbida pode ser unha das revelacións da categoría.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.