Get Adobe Flash player
Inicio Entrevistas Xogadores AFECCIONADOS: NUMANCIA, 3 - CEBARCA, 1
 
 

AFECCIONADOS: NUMANCIA, 3 - CEBARCA, 1

VICENTE: “FOMOS SUPERIORES NAS DÚAS ÁREAS”

Unha das fichaxes estrela para esta temporada e que está máis que xustificando o acerto da súa incorporación ao Numancia ofrece unha análise do partido ante o Cebarca.

Ares, 9 de outubro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Numancia, 3 - Cebarca, 1. Vicente.Unha das preocupacións ao inicio desta temporada era cubrir a posición de defensa central. Necesitábase un xogador que puidese defender o xogo aéreo e, abofé que Vicente está cumprindo á perfección, sendo un dos baluartes da defensa numantina. Sete temporadas despois, tras o seu paso polo Mugardos B e o Maniños, Vicente está a ser un dos líderes do equipo.

Ao final do partido co Cebarca, respondía a un breve cuestionario:

-  Ao descanso, o 2 – 0 indicaba certa comodidade no resultado favorable ao Numancia, que opinas?

-  Foron uns corenta e cinco minutos xogados con moita intensidade e fomos superiores sobre todo nas dúas áreas.  Aí gañamos o partido e fomos xustos vencedores.

- Ti gozaches de varias ocasións de gol. Cando vai entrar o balón?

-  Espero que pronto pero tampouco é algo que me preocupe. Con tal de que non nos metan goles eu xa estou feliz. Os goles xa os meterán os de arriba que están facendo un traballo sensacional, coma todo o equipo.

- Por certo, o partido tivo momentos de excesiva dureza.  Seis amoestacións para o Numancia e cinco para o Cebarca, que pasou?

-  Eles entraban moi duro e encima deixaban patadas sen balón. Eu levei unha trompada na barriga sen facer nada e todo isto vai quentando o partido. Tamén sabemos que o Cebarca é un equipo duro.

- Lideras unha defensa moi nova. Como se portan?

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Numancia, 3 - Cebarca, 1. Vicente.- Son extraordinarios e dá gusto xogar con estes rapaces. Sinceramente, non me esperaba un equipo tan competitivo. Así dá gusto vir xogar os domingos.

-  Neste regreso ao Numancia, como te encontras? Co paso dos partidos voume encontrando moito mellor e mentres sigamos traballando así pode ser unha temporada espectacular, quedemos onde quedemos, con tal de competir e dar unha boa imaxe, sería perfecto.

- Que pesou máis para que volveras?

-  Na miña volta influíron varios factores. Eu xa tiña moitas ganas de volver á que é a miña casa e o meu equipo. Encima, falaron comigo os adestradores, Carballeira e José Antón, e explicáronme o proxecto. Isto xa foi polo que decidín volver.

- O xoves 12, festivo, os dous equipos imbatidos no grupo xogades no Pote. A semana pasada o teu compañeiro Pita adiantou o resultado desta xornada: 3 – 1, e acertou de pleno. Dános o teu prognóstico.

-  Penso que se seguimos así o partido vai estar moi igualado e o vai levar o que teña ese chisco de fortuna. Eu apostaría por un 1 – 2.

Esperemos que se cumpra o vaticinio de Vicente, non só no resultado do próximo partido, senón no seu desexo dunha temporada de éxitos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.