AFECCIONADOS: BARALLOBRE, 2 - NUMANCIA, 5

PITA: “TEMOS MOITA PÓLVORA ARRIBA”

Un dos xogadores máis valorados pola afección no partido do Ramo foi o dianteiro Alejandro Pita, aínda que hoxe non puido anotar ningún gol.

Ares, 1 de outubro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Barallobre, 2 - Numancia, 5. Alex Pita en O Ramo.Está sendo un piar desde que comezou esta Liga: incisivo, dinámico, infatigable e goleador, Pita sempre ofrece unha gran intensidade nas súas accións e eleva o nivel competitivo do equipo.

Esta tarde non conseguiu ningún gol no campo do Ramo ante o Barallobre, pero si participou en moitas xogadas e deu boas asistencias: 

- Esperabas unha vitoria tan avultada?

- Tan avultada non, pero si sabía que estabamos moi metidos no partido e que podiamos levar os tres puntos.

- A defensa local deu moitas facilidades?

- Ocorre que temos moita pólvora arriba e entendémonos moi ben.

- Ou sexa que estás moi cómodo cos compañeiros á hora de organizar os ataques?

- Si, certamente. Temos moi bo grupo e estou moi cómodo.

- Debedes mellorar algún aspecto para ser un equipo máis temible?

- Sufrimos unha circunstancia que non podemos resolver: durante a semana non podemos adestrar todos xuntos xa que hai compañeiros que non poden asistir por mor dos estudos.

- Persoalmente, onde te encontras mellor: de extremo ou de dianteiro centro?

- As dúas posicións me gustan. Síntome moi cómodo de extremo pois xa estou acostumado e de dianteiro non tanto. Non obstante, síntome cómodo nas dúas posicións.

- Volvendo ao partido, houbo un momento crítico na segunda parte, cando o Barallobre se puxo un 2 -4. Temiches pola remontada?

- A verdade é que non. Confiaba no equipo e xa se viu que loitamos ata o final. Sabía que íamos sacar a vitoria.

- O próximo partido recibides en Prados Vellos ao Cebarca, un dos posibles rivais para as posicións altas nesta primeira fase. Dános un prognóstico.

- Tamén sacaremos os tres puntos. Aposto por un 3 – 1.

Pois ata aquí as declaracións dun xove “veterano” do equipo do Numancia.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.