Inicio Entrevistas Xogadores CARLOS LÓPEZ, XUVENIL DO RÁCING.
 
 

CARLOS LÓPEZ, XUVENIL DO RÁCING.

 “SEMPRE PREFERÍN XOGAR DE EXTREMO”.

Con once anos marchou para o Depor onde xogou nas categorías de alevíns, infantís e cadetes. Do Depor ao Rácing de cadetes e nesta temporada 2013-14, disputando moitos minutos co equipo de 2ª B.
 
 
Ares, 23 de agosto de 2013
- Deixaches o Numancia moi novo, paréceme que sendo alevín de primeiro ano xa estabas xogando co Depor. Como lembras ese primeiro ano de adestramentos en Abegondo?
- Custou ao principio debido a que non coñecía a ninguén, pero iso pasa sempre, co tempo vaste acostumando.

- Cales son as mellores lembranzas da túa época no Depor?
Todas as ligas e campionatos que gañamos.

- Teño entendido que te colocaban nunha posición moi retrasada. Estabas cómodo nesa posición defensiva? 
- Non, sempre preferín xogar de extremo antes que de lateral.

- Cando che comunican que non vas seguir no Depor, pensaches que a túa progresión xa rematara? Como o tomaches?Carlos López. Racing de Ferrol
- Non, nunca pensei iso, o que máis me amolou foi saber que ía ver poucas veces os amigos que fixera.

- Xa no Rácing, recuperaches a confianza, véndote de novo en funcións ofensivas?
- Si, aínda que o primeiro ano a maioría dos partidos tamén os xoguei de lateral.

- Cando foi a primeira chamada para xogar co primeiro equipo do Rácing?
- Foi en novembro do ano pasado e dende aquel día xa seguín indo con eles todos os días ata agora.

- Supuxo toda unha sorpresa para ti, non? 
- Si, por suposto que foi unha sorpresa, non pensaba que iría a adestrar e menos a xogar algún partido.

- E nesta pretemporada xa es un fixo co Rácing de 2ª B. Como te sentes ao lado de xogadores como, p.ex. Iago, con experiencia profesional?
- Ben, ao lado de xogadores dese nivel é máis fácil, o mellor de todo é poder aprender deles.

- Confías en xogar moitos partidos nesta campaña?
- Oxalá poida xogar algún partido como os que xoguei o ano pasado.

- O equipo xuvenil do Rácing, conta con 4 rapaces de Ares. Que opinas desta circunstancia?
- Encantado de xogar con eles, oxalá houbera máis xente de Ares no noso equipo.

- Para Edu será a terceira temporada nos xuvenís. Que papel lle ves esta temporada?
- Ten que ser o goleador do equipo, como ben fixo o ano pasado realizando una gran temporada.

- Borja, o teu curmán, acaba de fichar hai unhas semanas. Que pode aportar ao equipo?
- Pode axudarnos moito este ano polas súas calidades, por iso o ficharon.    

- E Dani Espiñeira, o máis novo de todos… Que lle auguras?
- Penso que tamén nos pode axudar moito, tanto el como os demais xuvenís de primeiro ano.  

- Como ves ao teu equipo?. Cales son os obxectivos do Rácing xuvenil para esta temporada?
- O obxectivo claramente este ano é os ascenso á liga da división de honor e penso que temos un bo grupo para poder conseguilo.  

- Referíndonos ao partido deste domingo, en Prados Vellos contra o Depor, que esperas del?
- Do partido do domingo espero que sexa un gran partido, interesante e se pode ser igualado, intentaremos facelo o mellor posible para gañar.

- Quen terá máis apoio entre a afección xuvenil aresá: o Depor de Quique ou o Rácing de Carlos, Edu, Borja e Dani?Carlos López. futuroscracks.com
- Penso que deberían de ter o mesmo apoio por parte da afección.

- O Depor está na División de Honor, pensas que se notará a diferenza de categoría?
- Xa se verá o domingo pero debería de notarse a diferenza, xa que é un equipo que  normalmente queda entre os primeiros de división de honor.

- No Depor xoga Quique, outro aresán. Coincidiches xogando con el no Numancia?
- Si, aínda que poucos anos.

- Que destacarías no plano futbolístico de Quique?
- Poucas veces o vin xogar dende que deixou o Numancia. No ano pasado xogou contra nós e demostrou a calidade que ten realizando un gran partido.

- Para saber un pouco das túas inclinacións futbolísticas, aí van estas preguntiñas: Escolle un equipo: Depor, Ferrol, Celta, Madrid, Barcelona.
- R. Ferrol

- Mellor porteiro da liga española?
- Víctor Valdés.

- Mellor defensa?
- Gerard Piqué.

- Un centrocampista?
- Andrés Iniesta.

- Un dianteiro?
- Leo Messi.

- Un adestrador?
- Josep Guardiola.
-
- Outras preguntas indiscretas: 
- Cal foi o libro que máis che gustou?
- La hija de la noche.

- O filme que volverías a ver?
- Jack Reacher.

- Un deporte que non sexa fútbol?
- Pádel.

- O teu prato favorito?
- Macarróns.

- Bicicleta ou Moto?
- Bici.

- A mellor praia? Carlos López. futuroscracks.com
- Chanteiro.

- Unha cidade?
- París.

- Un personaxe que te impresionara?
- Ronaldinho.

- Que país che gustaría coñecer?
- Italia.

- Supoñendo que segues a web do Numancia, que valoración che merece a información que ofrece?
- Ben penso que informan moi ben sobre os acontecementos e sobre os partidos do Numancia.

Marchou de neno, aínda que sempre que pode sobe a Prados Vellos, e regresa nun momento clave para a seu futuro, moi preto de engancharse ao primeiro equipo do R. de Ferrol. Como diciamos de Quique, tamén Carlos merece ese chisquiño de fortuna para facerse un oco no fútbol. Este domingo, todos a Prados Vellos para gozar de fútbol de calidade, de fútbol aresán nas botas de Carlos, Quique, Edu e Dani. Lembremos a cita: domingo, 25 de agosto, ás seis da tarde, en Prados Vellos.

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.