Inicio Entrevistas Xogadores BENXAMINS: PABLO E JUAN, DOUS AMIGOS UNIDOS POLO FÚTBOL.
 
 

BENXAMINS: PABLO E JUAN, DOUS AMIGOS UNIDOS POLO FÚTBOL.

Numancia de Ares ADR. Pablo e Juan, dous amigos unidos polo fútbol.Hai poucos días chegou ao club unha invitación do Deportivo para que Pablo e Juan, dous nenos benxamíns, vaian adestrar cos seus técnicos nas instalacións de Abegondo, durante uns dous meses. En total, serán 43 nenos os que acudan e finalmente quedarán 15 para integrar o equipo alevín B da vindeira temporada. Esta mañá conversamos con eles na oficina de Prados Vellos.

 

Ares, 4 de abril de 2012.


Quen vos deu a noticia? Pensastes que era unha broma?
Pablo: Pedro, o meu adestrador. Si, pensei que era unha broma. Díxome que chamaran a dous nenos do Numancia, e non pensaba que puideran chamarme a mi.
Juan: Tamén mo dixo Pedro, meu pai. Eu si que o crin, porque estaba mirando o móbil, lendo algo.

 

Juan Sánchez SanjurjoPablo García Carro

 

 

 

 

 

 

 

 

Sabedes que ides facer en Abegondo?
Pablo: Non, pero supoño que adestraremos.
Juan: Creo que si, que imos adestrar, con pases, controles, regates, …

Asústavos un pouco ter que ir con outros nenos que non coñecedes?
Pablo: Non, non me importa.
Juan: A min tampouco, porque son da mesma idade ca nós.
Juan Sánchez Sanjurjo
Que vos din os vosos amigos?
Pablo: A min, deséxanme sorte.
Juan: Igual, deséxanme sorte a ver se me collían.

Levades xogando xuntos no Numancia desde biberóns e tamén ides á mesma escola, o CPI Conde de Fenosa de Ares, verdade? En que curso estades?
Pablo: Estamos en cuarto,  na mesma clase.

E que tal de notas?
Pablo: Ben, nesta última avaliacilón saquei tres sobresalientes e o resto notables
Juan: Ben tamén, tiven tres sobresalientes, e o resto notables, agás un ben.

E polas tardes, cando non hai fútbol, tamén vos xuntades?
Pablo:Algunhas veces imos xogar ao pádel no club de tenis de Redes.
Juan: Tamén vén Pablo á miña casa algunhas tardes.


Pablo Garcia Carro
Practicades outro deporte?
Pablo: Fixen piragüismo en Redes nas vacacións de verán.
Juan: Este verán fixen windsurf e baloncesto.



Os dous xogades no Numancia, desde biberóns e xa tedes un pequeno historial. Lembrades os torneos que gañastes?
Pablo: Aquí en Ares, gañamos o torneo “Pedro García”; tamén gañamos o torneo de Miño. E, cando eramos prebenxamíns, gañamos a Copa da Ría, vencendo na final ao Cedeira.
Juan: Tamén gañamos en Mugardos o torneo de fútbol sala.

Cal foi a vitoria máis importante?
Pablo: A semifinal da copa da Ría, no partido co R. Ferrol que era o equipo máis difícil.
Juan: Para min, este último partido co Caranza foi moi complicado, gañamos 0 – 1 e foi emocionante ata o final.

E o mellor gol?
Pablo: Cando era biberón, xogando en Mugardos o torneo de fútbol-sala, rematei de volea un pase de saque de banda e entrou pola escuadra.
Juan: Esta temporada xogando contra o Cariño, aquí en Prados Vellos no saque de inicio da segunda parte, Pablo pasoume o baló
Juan Sánchez Sanjurjon e avancei regateando aos contrarios e disparei dende fóra da área e o balón entrou pola escuadra.

Imos agora a explicarlle aos lectores, que clase de futbolista sodes. Pablo, como é Juan como xogador?
Pablo: É moi rápido, regatea ben e ten un forte disparo.
Agora, tócache a ti, Juan. Dinos como xoga Pablo.
Juan: Sabe pasar moi bos balóns, orientándoos ás dúas bandas. Tamén ten un bo disparo, colocando o balón.

Cales foron os vosos adestradores.
Pablo: Primeiro tivemos a Eloi e a Xelo en biberóns. O segundo ano estivo César. Xa desde prebenxamíns estivo Pedro.

Aprendestes moito con eles?
Pablo: Eu mellorei dando os pases.
Juan: Pois eu mellorei en todo: pasando, regateando, disparando, ..

Na vosa liga e
Pablo García Carrostades na primeira posición despois de gañar o último partido ao Caranza pero quedan partidos moi complicados. Cal pensades que vai ser o máis difícil?
Pablo: O Eume que están aí con nós disputando o primeiro posto.
Juan: O Narón, ten bastante bo equipo.

Cal é o voso equipo preferido?
Pablo: O Barça
Juan: O Deportivo e o R. Madrid.



E o voso ídolo futbolístico?
Pablo: Messi
Juan: Cristiano Ronaldo.

Sen dúbida algunha vai ser unha bonita experiencia para estes nenos, unha oportunidade de seguir divertíndose co fútbol, o seu deporte preferido. Para rematar esta entrevista, a ADR NUMANCIA quere expresar a súa satisfacción e orgullo porque os seus xogadores sexan chamados por un club como o RC Deportivo da Coruña, un club señor que sempre canaliza as súas peticións de club a club.

 

Juan Sánchez SanjurjoPablo García Carro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Noutras WEB´s da comarca tamén se fixeron eco da noticia, para ver o artigo publicado en:

www.canaldeportivo.com PICA AQUI

www.muchacalidad.com PICA AQUI.

www.voltaaria.com PICA AQUI

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.