Inicio Entrevistas Xogadores TETI, 13 ANOS NO NUMANCIA
 
 

TETI, 13 ANOS NO NUMANCIA

 TETI: “LOITAREMOS POLO ASCENSO”ADR Numancia de Ares. Vicente Guerrero Mena "TETI".

Vicente Guerrero Mena, máis coñecido por  TETI, estase a converter nun dos  xogadores claves do actual Numancia, como o demostra o recoñecemento público dos siareiros numantinos que nos dous últimos meses o veñen valorando coma o xogador máis regular.
Ares, 29 de decembro de 2011
- Teti, sabemos que naciches en Cádiz. Cando e por que viñeches para Ares?
- Vin para Ares cando tiña 4 anos por motivos de traballo do meu pai e desde aquela vivimos aquí.
- Considéraste, logo, máis gaditano ca aresán?
- Ao levar tanto tempo en Galicia síntome máis aresán e galego, pero sempre teño presente o meu lugar de nacemento e sempre que podo viaxo a Cádiz xa que alí teño a case toda a miña familia.
- Teño entendido que comezaches a xogar no Numancia na temporada 98-99, ou sexa que levas unhas trece temporadas. Por tanto, nestes últimos anos coñeciches moitos adestradores, directivos, compañeiros, .. Se che parece, podemos comezar polas túas lembranzas nos alevíns ou infantís. Quen vos adestraba e que xogadores quedan hoxe no Numancia?:ADR Numancia de Ares. Vicente Guerrero Mena "TETI".
- Creo que empecei no Numancia un pouco antes, xa hai moito tempo daquela pero creo que nesa época nos adestrou Manel, Jose Macuto, o outro Manel e tamén un dos nosos adestradores actuais, Fran Bardanca. Daqueles equipos quedan actualmente no plantel Dani Bello, Alejandro García, Alejandro Costa, Rubén Allegue, Carlos Barcia e meu irmán Jesús.
- De todos os compañeiros cos que xogaches, cal deles dirías que reunía as mellores condicións futbolísticas?
- Levo xogando moitos anos nas categorías inferiores do Numancia e varios anos no primeiro equipo, tempo no que compartín vestiario con grandes xogadores, non sabería quedarme cun só.
- Tamén pasaches por varios adestradores. De quen gardas os mellores recordos e por que?
- Tiven moitos e cada un axudoume a crecer  futbolisticamente e incluso persoalmente. Os meus mellores  momentos paseinos nestes últimos anos: en xuvenís, primeiro con Xelo e despois con Manel e Fran Bardanca, xa que foi cando empecei a xogar de mediocentro; e despois en modestos  con Juan Alberto, co que disfrutei de moitos minutos. Aínda que tamén teño grandes recordos de Angel Mahia, xa que sendo cadete e xuvenil me fixo debutar co primeiro equipo co que marquei varios goles.
- E dos directivos, algún que quixeses mencionar por algún motivo?
- En xeral a directiva portouse moi ben comigo. Destacar a Manolo o antigo vicepresidente, que estivo moi pendente de min cando me lesionei, e tamén a Manu, actual director deportivo, que insistiu moito na miña continuidade no Numancia.
- Cóntanos como foi esa lesión.
- Pois lesioneime adestrando, nunha xogada fortuita na que fixen un mal xesto no xeonllo e fíxenme unha escordadura. Foi a final da temporada 2009-2010 en abril e xa non xoguei ata a temporada seguinte, porque estiven dous meses sen xogar, e costoume recuperar a forma física.
- Cal foi a mellor temporada?
- A miña primeira temporada en modestos con Juan Alberto de adestrador na que xoguei moito, quedamos arriba e estivemos a piques de chegar á final de copa que se xogaba en Ares.
- En que cambiou o Numancia nestes últimos anos?
- Esencialmente nas instalacións deportivas, xa que se fixo un campo novo, unhas gradas e colocouse a iluminación que facía tanta falla.
- Segundo o teu parecer, que habería que cambiar nesta entidade?
- Non sei, creo que entidade está moi ben.
- Que obxectivos ten a ADR Numancia?
- Creo que dar a posibilidade de xogar ao fútbol á xente.ADR Numancia de Ares. Vicente Guerrero Mena "TETI".
- Paréceche que os aresáns responden positivamente coa ADR Numancia, é dicir, ves que haxa compromiso coa entidade ou que se valore o seu traballo?
- Creo que si, xa que moitos aresáns están orgullos do Numancia e iso vese os domingos, xa que son moitos os afeccionados que seguen os encontros do Numancia. Creo que valoran moi positivamente o traballo do ADR Numancia.
- Despois deste primeiro bloque, imos interesarnos agora pola marcha do equipo nesta 2ª autonómica. Levades 16 partidos xogados con 8 vitorias, 4 empates e 4 derrotas. Que valoración fas?
- Moi positiva, aínda que podemos mellorar.
- Que posibilidades lle ves ao equipo nesta temporada 2010-11?
- Creo que o equipo pode estar na zona alta da táboa e quizás loitar polo ascenso.
- Nos últimos partidos parece ser que contas cun posto fixo no medio campo. É a túa posición preferida?
- Sen ningunha dúbida, xa que é onde máis cómodo me atopo.
- Defínete como xogador:
- Son un xogador moi físico, que vai ben de cabeza e recupo moitos balóns, e tecnicamente normaliño.
- Sabemos que estás estudando en Coruña e queriamos coñecer a túa opinión sobre a “compatibilidade entre os estudos e o fútbol”. Como é no teu caso?
- É difícil, xa que normalmente só podo adestrar os venres, e iso complica poder estar en forma toda a temporada, pero no meu caso sempre que podo intento facer exercicio en Coruña. Ademais este ano os adestradores están confiando en min aínda que só adestre un día, e doulles as grazas por iso.
- O domingo, 8 de xaneiro recibirás o Trofeo Murillo Viteri á regularidade do mes de decembro. É un recoñecemento á túa aportación no equipo. Dirías que estás no mellor momento destas últimas temporadas?
- Podía ser, xa que me sinto moi ben fisicamente e estou moi cómodo na posicion de mediocentro na que estou xogando este ano.
- A día de hoxe, o Cedeira lidera a clasificación, seguido do Meirás. Son os equipos favoritos para ocupar as dúas posicións de ascenso?
- Creo que si. Xogamos contra eles e teñen bos equipos, aínda que creo que o Numancia pode dar moita guerra e sempre hai que estar atentos a equipos como o Maniños ou o Narón B.
- E quen os xogadores máis determinantes da categoría?
- Non coñezo a moitos xogadores, pero creo que Alex é moi determinante no Cedeira, e o Meiras tiña bos xogadores arriba.ADR Numancia de Ares. Vicente Guerrero Mena "TETI".
- Para saber un pouco das túas inclinacións futbolísticas, aí van estas preguntiñas: Escolle un equipo: Depor, Ferrol, Celta, Madrid, Barcelona.
- Barcelona, sen dúbida.
- Mellor porteiro da liga española?
- Iker Casillas.
- Mellor defensa?
- Puyol.
- Un centrocampista?
- Andres Iniesta.
- Un dianteiro?
- Leo Messi.
- Con quen che gustaría xogar?
- Con Leo Messi.
- Mouriño ou Guardiola?
- Guardiola.
- Outras preguntas indiscretas: Cal foi o libro que máis che gustou?
- ‘La fundación’.
- O filme que volverías a ver?
- Gladiator.
- Un deporte que non sexa fútbol?
- Baloncesto.
- O teu prato favorito?
- Pizza.
- Bicicleta ou Moto?
- Bicicleta.
- A mellor praia?
- A Vitoria (Cádiz).ADR Numancia de Ares. Vicente Guerrero Mena "TETI".
- Unha cidade?
- Nantes.
- Un personaxe que te impresionara?
- Alejandro Magno.
- Que país che gustaría coñecer?
- E.E.U.U..
- Unha flor?
- A rosa.
- Un paxaro?
- O falcón .
- Unha cor?
- O azul.
- Supoñendo que segues a web do Numancia, que valoración che merece a información que ofrece?
- Sigo moito a Web, e doulle unha nota alta.
 
Ata aquí esta breve entrevista cun dos rapaces, numantinos de sempre, que teñen moi claro o que representa o Numancia para Ares, e que expresa a súa fidelidade ao club. Teti é un xogador de equipo, un deses xogadores que tanto xogan de lateral coma de dianteiro centro, un comodín que sempre está a disposición do adestrador.
 
ADR Numancia de Ares. Vicente Guerrero Mena "TETI". 
 
Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.