Inicio Entrevistas Xogadores ENTREVISTA A BORJA
 
 

ENTREVISTA A BORJA

S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Borja Carballo Pumares. Entrevista. BorjaBORJA CARBALLO: “TITO RAMALLO ERA UN ENFERMO DA TÁCTICA”
O segundo futbolista en aparecer por esta sección é un ilustre desta segunda autonómica ferrolá. Borja Carballo, a pesar da súa xuventude, ten todo un historial deportivo que nos contar e unha ilusión por diante: adestrar aos máis pequenos.

 

Ares, 8 de setembro de 2010

- Borja, resúmenos  a túa traxectoria deportiva.
- Pois, empecei no Racing San Pedro ata infantís, que fichei no Rácing de Ferrol; logo en xuvenís pasei ao Deportivo da Coruña. Xa en modestos estiven 2 anos no Cerceda, media tempada no Val de 3ª e 2 tempadas e media no Mugardos e aquí xa é a miña 3ª tempada.
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Borja Carballo Pumares. Entrevista. Borja- Cóntanos algo desa etapa xuvenil: equipos de nivel, partidos máis importantes, goles decisivos, adestradores, ...
- Pois no Deportivo o primeiro ano estaba en division de honor de xuvenís e xogamos a Copa do Rei en Bilbao e á súa vez alternaba os partidos coa selección española, tanto torneos en Portugal, Rep. Checa ou a clasificacion para o Europeo en Letonia. En canto a adestradores impresionoume a forma de traballar de Tito Ramallo, actualmente no Deportivo B.
- E no Cerceda e no Val, que lembranzas positivas tes deses equipos?
- No Cerceda tiven dous anos moi bos: no primeiro quedamos campións de terceira division, aínda que non conseguiramos o ascenso ao perder co Navalcarnero; e a segunda tempada tiveramos unha primeira volta moi mala na que iamos case en descenso e ao final conseguimos quedar quintos.No Val estiven a penas 4 meses, xoguei 8 partidos e en decembro fichei polo Mugardos.
- Finalmente, no Mugardos?
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Borja Carballo Pumares. Entrevista. Borja- En Mugardos foron 3 anos dificiles, porque tiñamos equipo para lograr o ascenso e sempre quedabamos terceiros, logo estivo a rotura de xeonllo que tiven e o que xa todos sabemos, que a xente de Ares non é ben recibida en Mugardos.
- Centrémonos no Numancia:Estás de acordo en que os futbolistas do Numancia sexan preferentemente de Ares?
- Eu son partidario que se os rapaces do pobo contribúen positivamente ao equipo non é necesario buscar xente de fóra, aínda que se a xente de fóra que hai contribúe no equipo benvido sexa.
- Indica os aspectos positivos do Numancia?
- Ante todo a calidade humana que hai tanto na xente da directiva como nos xogadores de todas as categorías,somos unha familia.
- E agora, cales son as carencias?
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Borja Carballo Pumares. Entrevista. Borja- Quizás na hora de ter algo máis de material e o tema de lesions.
- En que medida afectarán as baixas de García e Julio?
- Está claro que eran dous xogadores importantisimos no equipo e que se van notar moito pero creo que a xente que subiu de xuvenis pode aportar moitas cousas para que se noten menos esas baixas.
- Ten actualmente o Numancia xogadores de calidade?
- Este ano temos unha gran mestura no equipo, con xogadores veteranos coma Jose, Jauma ou Oliveira que aportan experiencia ao grupo e xogadores xoves coma Jorge, Pedro, Antón ou Martín que aportan gañas e ilusion a este proxecto.
- Que posibilidades lle ves ao equipo nesta temporada 2010-11?
- Pois despois do visto esta pretemporada o equipo está con ilusión e con gañas de empezar a tempada. Eu creo que se seguimos nesta dinámica de seriedade e xogo o equipo vai estar moi arriba.
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Borja Carballo Pumares. Entrevista. Borja- A liga da segunda autonómica presenta ao Maniños coma claro favorito. Cales pensas ti que son os equipos favoritos para ocupar as dúas posicións de ascenso?
Eu visto o que vin ata agora apostaría polo Numancia e Maniños.
- E os xogadores máis determinantes?
- Jorgito do Mugardos, Manu do Numancia.
- Borja, esta temporada colles os prebenxamíns do Numancia. Por que?
- Gústanme moito os nenos e gústame ver como disfrutan xogando.
- Que esperas destes rapaciños? Márcaste algún obxectivo con eles?
- Que disfruten do fútbol, sen presións e sen nada, que o pasen ben.e como obxectivo tratar de ser un bo adestrador e que xoguen todos, que a estas idades é o importante.
- Tiveches algunha experiencia como adestrador?
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Borja Carballo Pumares. Entrevista. Borja- Si, hai dous anos estiven cos alevíns que quedaran segundos en liga.
- Dos adestradores que tiveches, algún deles influiu especialmente no teu xogo, na mellora das túas cualidades técnicas?
- Guillermo Agulló no Rácing de Ferrol e Manolo Garcia no Cerceda.
- E tácticamente, cal te impresionou máis?
- Tito Ramallo no Depor.Era un enfermo da táctica, coñecía a todos os rivais, como xogaban, por onde nos podían facer daño, por onde podiamos facelo nós, era impresionante.
- Nestas idades, seis e sete anos,  a sicoloxía resulta importantísima. Lembras algún adestrador que traballara esta faceta co vestiario?
- De pequeno non, pero no Cerceda cando íamos tan mal o segundo ano, lembro que viñan unha vez á semana psicólogos ao vestiario e influiron moito na confianza do equipo.
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Borja Carballo Pumares. Entrevista. Selección Española Sub-15.- Para saber un pouco das túas inclinacións futbolísticas, aí van estas preguntiñas: Escolle un equipo: Depor, Ferrol, Celta, Madrid, Barcelona.
- Barcelona
- Mellor porteiro da liga española?
- Agora mesmo Víctor Valdés
- Mellor defensa?
- Puyol
- Un centrocampista?
- Xavi e Iniesta
- Un dianteiro?
- Messi
S.D.R. Numancia de Ares. Borja Carballo Pumares. Entrenador Alevines 2008-2009- Mouriño ou Guardiola?
- Guardiola
- Outras preguntas indiscretas: Cal foi o libro que máis che gustou?
- Los pilares de la tierra
- O filme que volverías a ver?
- Resacon en Las Vegas ou calquera da saga Ocean`s
- Un deporte que non sexa fútbol?
- Padel
- O teu prato favorito?
- Pasta
- Bicicleta ou Moto?
- Bicicleta
- A mellor praia?
- Chanteiro
- Unha cidade?
- Coruña
- Un personaxe que te impresionara?
- Andres Iniesta
- Que país che gustaría coñecer?
- Estados Unidos
- Supoñendo que segues a web do Numancia, que valoración che merece a información que ofrece?
- Impresionante. O traballo que facedes cos comentarios dos partidos, horarios e fotos é digno de admiración.

Moi agradecidos polas túas respostas, Borja. Agardamos que esta temporada te respecten as lesións e que os afeccionados poidamos desfrutar dos teus excelentes pases e goles. Sorte tamén nesa nova empresa cos rapaciños.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.