Inicio Entrevistas Afeccionados SOCIO FUNDADOR
 
 

SOCIO FUNDADOR

SDR NUMANCIA. SOCIOS. JUAN ANTONIO ARES LEIRA. DECEMBRO 2009D. JUAN ANTONIO ARES LEIRA, SOCIO Nº 1 DO NUMANCIA:
“LEVO A INSIGNIA DE OURO DO NUMANCIA NA CHAQUETA”.

Nesta segunda parte da entrevista, d. Juan Antonio continúa coas súas lembranzas citando aspectos fundamentais e claves na historia da SDR Numancia.

COMPRA DAS PARCELAS DO XUNCAL
S.D.R. Numancia de Ares. Juan Antonio Ares Leira. Socio Fundador.Chegamos ao capítulo no que nos conta a compra das parcelas do campo de fútbol:
“O día 15 de decembro de 1957, un día de temporal de manda raios (as ramas das árbores corrían polas estradas), chégame a min ás dez da noite á barbería d. Javier González; entrou, sacou un paquete de cigarrillos “Record” que era o que fumaba e dime: “Tráioche unha noticia que che vai doer profundamente. Acaban de informarme na Borrachería de que o Numancia se vai quedar sen campo de fútbol. Veñen de contarme que os da Confraría de Pescadores queren comprar os terreos”.
Eu tiña 1.582 pesetas e con eses cartos fomos á casa da sra. Elvira ás 10 e media da noite e comprámoslle a primeira parcela. Saimos desa casa e fomos para a casa da sra. Julia e explicámoslles que queriamos comprarlle as parcelas que tiña no campo de fútbol. Eran os que máis tiñan: uns seis ferrados. Pero non tiñan interés en vender. Nos sucesivos meses fóronse comprando as parcelas restantes.
As escrituras da compra desas parcelas estiveron moito tempo dormidas porque non tiñamos para liquidar as taxas de Facenda.
 O 15 de xullo do 1958 Consuelo Rodríguez Montero, “Chelo a cantinera”, vén avisarme de que a sra. Julia quería vender as parcelas. Para min, o Numancia era “a miña moza, os meus fillos, a miña taberna”. Pensei que o Numancia non podía perder a oportunidade de comprar os terreos. Levanteime e collín as 2.580 pts. que tiña e alá me vou a casa de Pancho Bardancas que estaba de presidente do Ares xuvenil (naqueles momentos, o Numancia non funcionaba, non participaba en ningún campionato) e explícolle o asunto. Entre os dous conseguimos  xuntar 7.000 ptas. grazas ás doazóns de varias persoas. Á noite dese mesmo día, collemos os cartos envoltos nun periódico e imos para a casa da sra. Julia a comprarlles as parcelas. O Numancia xa era o propietario duns 8 ferrados.”

 


CAMPIÓNS DO CONCEPCIÓN ARENAL
“No ano 1960 decidín cerrar o campo de ladrillo revestido, con columnas. Custaba unhas 30.000 pts. . O Numancia non tiña un patacón, pero eu, con rifas, buscando cartos, ... Aínda teño recibos do pago dos sacos de cemento a Marcial e os elementos sanitarios nos vestiarios. As casetas encargarámolas a Lolo o Queixoto e  xa valeran unhas vinte mil pesetas, pero vaia casetas, eh..! non eran calquera cousa, con luz eléctrica incluída. Conservo uns 15 bonos que fixeramos para pagar as casetas. Costaban 25 ptas.cada un.
 Nese ano o Numancia gañara o Concepción Arenal, nunha final contra o Esteiro onde gañamos con oito xogadores no campo. Xogaban os infantes, Chente, Dudu, Sánchez, Malpica, Blanco, ...”
S.D.R. Numancia de Ares. Juan Antonio Ares Leira. Insignia de Oro.Na súa dedicación á entidade tamén houbo unha paréntese, período que el mesmo indica: “Despois de morrer miña nai (13 de outubro do 61) estiven un tempo apartado do Numancia, puxéronme a insignia de ouro do Numancia (téñoa posta na chaqueta). Viñera xogar o Galicia de Mugardos (xaneiro do 62). Organizaramos unha homenaxe aos xogadores e viñera o Galicia sen cobrar nada. Puxeramos unhas empanadas e outras viandas na de Nito, o guardia.”

ANOS 70
“No 73 avisáronme de que o Numancia estaba abandonado. Cheguei alí e atopei unha pila de roupa no vestiario local toda podre. Cheiraba aquilo que corrompía. Un desastre. Metín todo nun saco e tireino todo, camisetas, pantalóns, calcetíns, todo, tirei con todo. Fun á ferretería de Arturo Fuentes e pedínlle lixivia, fregonas, vasoiras,... para limpar no Numancia. Prestoumo a min “un selo de garantía”.
Fun eu presidente durante un ano ou dous. Volvín a levantar ao Numancia. Xogamos partidos en Perbes, Limodre, .. no 74 e 75 e 76.


VENDA DOS TERREOS DO XUNCAL
Un día do 1973 veu un tal Ruiz, aparellador da constructora Larlasa de A Coruña, e interesouse polos terreos do campo de fútbol. A esa altura, os propietarios das outras parcelas non querían seguilas prestando ao Numancia. Eu, coma presidente da comisión xestora, na que me acompañaban Césareo Franco Maceira e o seu fillo Domingo Franco Rodríguez, díxenlles que o valor era de 3.300.300 pts. Desde ese día pasaron bastantes meses sen recibir resposta e cando, ao cabo duns nove meses volveron preguntar, pedínlles catro millóns e aceptárono aínda que o pago era de dous millóns ao contado, un millón aos noventa días e o resto ao ano. Non estaba moi conforme coa forma de pago pero o compromiso persoal convenceume. Efectivamente, na conta que tiña o Numancia no banco Hispanoamericano, ingresaron dentro dos prazos os dous millóns restantes.

BUSCA DE TERREOS PARA O NOVO CAMPO DE FÚTBOL
Empezamos a mirar terreos para o campo. Ti sabes as voltas que demos? Miramos nas Chousas, en Estacas, era para facelo aí pero faltaban metros; miramos nas terras de Bugallo pero tampouco daba o ancho;  quixémolo comprar nas de Vilar os 40 ferrados a cincuenta mil ptas.; eu que sei o que miramos. Finalmente compramos 20 ferrados en Prados Vellos no ano 1976 (14 de outubro). Quixemos comprar máis terreo pero non nolos venderon.
Ata o 1980 estivemos nós cuidando dos asuntos do Numancia. Cambiamos a liña de alta tensión (1.000 ptas), abrimos o camiño de acceso que foi cedido como servidume, realizouse a explanación e corremento de terras (9.000 ptas)

ANOS 80
Despois viñeron os muchachos a facerse cargo do Numancia e nós non lles puxemos trabas ningunhas.
Convocouse unha asemblea de socios e formouse unha nova directiva, con Toñito (Antonio Fernández Vázquez) e varios colaboradores: Nando, Poldo, os que quixo Toñito. Encargáronse de facer a caseta, o cierre do campo, ... eu traballei en Prados Vellos coma peón, facendo as cepas das casetas. Estaba eu e Valentín, cando me enterei de que pagaban a 35 pts. a hora. Mentres eu e Valentín tiñamos cepa e media, os outros non tiñan máis ca un cachiño feito. Dicía para min: como se van os cartos do Numancia. Traballei coma un negro. Nunha ocasión amasamos sete sacos de cemento en dúas horas. Vin moitas cousas... chegaba aquí ao campo e vía latas de puntas tiradas ... un desastre. Cando me enteirei de todo iso pensei no millón que sobrara da venda das parcelas e que eu lles entregara, contantes e soantes.

AFECCIONADO Á LECTURA
 Finalizamos esta entrevista cunhas notas persoais que nos axudaran a coñecer un chisco máis a este persoeiro.
“Desde o ano 50, cando me independeicei e puxen a barbería, ía a Ferrol e non entraba nun bar, non, o primeiro era ir á librería e compraba un libro que me ensinaba, que me abría horizontes”
Lémbrase dunha obra  compilatoria de artigos de pensamento que comprara en Muros por dúas pesetas: “Corría o ano 48, e daquela había moita parrocha e foran os barcos de aquí. A min leváranme para ir cortar o pelo alá aos mariñeiros. Aínda hoxe leo todos os días. Agora mesmo estou lendo “La historia de las civilizaciones”. Teño obras de literatura, narrativa e de filosofía.
Non me gusta o cine nin a televisión a non ser que se trate de algo moi especial. Iría tres veces ao cine de Ares. Nin o fútbol vexo, e aínda que son forofo do Deportivo, tampouco o vexo. O fútbol agora é un negocio. Os presidentes buscan o seu medre persoal”

Na última parte desta entrevista, d. Juan Antonio ofrécenos unha reflexión sobre unha determinación persoal moi importante: “Traballei de barbeiro pero no ano 62 cando vin que escaseaban os pelos na barbería, intuín o seu derrumbe. Foi cando se puxeron de moda os pelos longos e decidín poñer un quiosco en Ares, pois aínda non había ningún. Foi o acerto máis grande da miña vida e a miña salvación. Traballar, traballei, coa axuda dunha irmá miña, desde as cinco da mañá ata as doce da noite, atendendo a barbería e o quiosco.”
Para finalizar, sentencia que “se estivese casado, o Numancia non tiña campo de fútbol, así de claro. A miña vida foi unha vida dedicada a el”. E tamén nos aconsella: “o fundamento é administrar ben os cartos. Comprar con cabeza, non comprar por comprar. Cando non hai cartos prodúcese a desbandada. Onde non hai orde económica, non hai rexurdimento, xa que o rexurdimento parte da orde económica.”

Sen dúbida algunha, d. Juan Antonio é un exemplo e un espello para todos os numantinos. A súa dedicación e entrega nunca será compensada como o merecería. D.Juan Antonio, moitísimas grazas.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.