Inicio Entrevistas Afeccionados CONFESIÓNS DE PICAS (3ª PARTE)
 
 

CONFESIÓNS DE PICAS (3ª PARTE)

NUMANCIA SDR. Entrevista a Picas. 2009PICAS: "QUEDAR POR DEBAIXO DO 2º POSTO SERÍA UN FRACASO"

 

Chegamos ao final destas confesións, onde “Picas”, xa como socio e seguidor do Numancia, ofrece a súa opinión sobre a situación actual da entidade.

-                     Como ves ao Numancia, como sociedade, globalmente: directiva, socios, adestradores, xogadores, instalacións, ...?

-                     Agora mesmo vexo ao Numancia moi ben, moi ben. A nivel directivo estame sorprendendo algunha xente, temos una boa directiva que lle dedica moitísmo tempo ao Numancia. Por citar algún é merecente de salientar a dedicación total de Pepe, un home que leva dende o ano 79 traballando no Numancia.

      Polo que respecta aos socios, quero manifestar que por aquí vén xente preguntándome que como ten que facer para ser socio, paréceme que este ano imos subir o número de socios.

      Os adestradores bastante fan con dedicarlle o seu tempo a atender aos nenos, sobre todo nas categorías inferiores

      En canto aos xogadores, dicir que temos un nivel bastante alto, estamos moi por encima doutros equipos que presumen de ser mellores ca nós, pero non o son.

      Finalmente, quen lle dera as nosas instalacións a moitos equipos de Rexional Preferente. Certo que teñen que mellorar moitísimos aspectos: asfaltar os accesos, colocar un parque infantil, construír as gradas, dotar de iluminación ao campo,  e para iso temos aí os políticos.

NUMANCIA SDR. Entrevista a Picas. 2009

-                     Segundo a túa opinión, cales son os puntos fortes e os puntos débiles do Numancia.

-                     Os puntos fortes son a canteira que temos, a directiva e o equipo de Rexional. No punto débil citaría a pouca implicación dos ex-xogadores, eles deberían ser o espello para os nenos, deberían colaborar adestrando nas categorías inferiores. Agora mesmo, temos a Eloy, a Pedrito, a Dani, ..aí é onde temos que mellorar, que os nenos vexan no primeiro equipo aos seus adestradores. Non quere dicir isto que os que están non sexan bos.

-                     Que posibilidades lle ves ao primeiro equipo nesta próxima temporada?

-                     Aquí vou ser esixente, moi esixente. Como eu levo toda a vida pelexando co Numancia e a nivel de títulos deume poucas alegrías, aínda que a temporada pasada tiven unha alegría cos xuvenís (en semifinais, os sentimentos estiveron divididos por cuestións familiares), foi un dos días grandes do Numancia precisamente pensando en que era unha das ilusións de Pedro. Se Pedro estaba no Numancia precisamente era polos nenos, en máis dunha ocasión chegou ao mesón e díxome: “Picas, déixoo, non podo aguantar máis”. Por que? Porque había unha presión do equipo de maiores que non era capaz de aguantar. Pero el pelexaba polos nenos, pola canteira.

      Esta temporada o equipo reforzouse ben con Manu (vén do Narón), Pedrito (ten que darnos moitas tardes de gloria), Óscar Zeta (moi traballador, xogador que fai club) e Iván (porteiro que hai que ir facendo pouco a pouco). Aquí hai que esixir bastante. Co equipo que tiñamos máis estes reforzos e o adestrador que xa coñece o plantel, non vale quedar nin terceiros nin cuartos. Quedar por debaixo do segundo posto sería un fracaso

-                     Como organizador dos partidos de veteráns, como valoras eses encontros?

-                     A idea é xuntarnos todos, de feito nun destes últimos partidos encontrouse xente que había vinte anos que non se vía. Tamén valen para que coñezan as instalacións e a entidade actual, mesmo para que se animen a colaborar, para que se integren e se fagan socios do Numancia, aínda que a maioría xa o son.

 

Como remate desta entrevista, insiste en que poñamos : ¡AUPA NUMANCIA!

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.