Juan Alberto adestrador de xuvenís

ADR Numancia de Ares. Entrevista a Miguel Carballeira e Jose Antón, adestradores dos Afeccionados.

Entrevista a Juan Alberto, adestrador da categoría xuvenil

"Penso que é difícil perder un partido e saír contento", "...na categoría o que máis pesa é o físico e o táctico.", "...chegamos á conclusión de que temos que ser nós mesmos."

Na segunda e definitiva destas entrevistas, tócalle a quenda a Juan Alberto, adestrador dos xuvenís este ano.

 

ADR Numancia de Ares.  Josema entrevista al entrenador de los juveniles.

- Xa tes experiencia entrenando no Numancia noutras categorías, ademais, xa coñeces á maioría dos que este ano van ser os teus xogadores. Cres que é un plus coñecer as fortalezas e fraquezas destes xogadores de antemán?

Juan Alberto: Sí que é bo coñecelos, pero está claro que os coñezo de adestralos en categoría cadete, hoxe estamos en xuvenís e xa pasaron 3 anos desde que os adestrei. En 3 anos, a xente mellora e madura. Pero de todos os xeitos, penso que sí que é importante coñecelos.

- Falando de categorías, xa dixemos que vés de adestrar en cadetes. Pensas que vai resultar máis esixente adestrar aos xuvenís que aos cadetes?

JA: Non, é unha categoría na que o factor físico e táctico se incrementa pero é sostible. Porén, a categoría cadete é unha categoría clave porque é cando o neno comeza a sentirse futbolista. O que despunta pode poñer toda a ilusión en adestrar e non ten tanta presión no tema dos estudos. Igualmente, penso que non, os xuvenís se diferencian na madurez, ademais do tema táctico e físico. Un problema que si podemos ter esta tempada é a plantilla tan corta que temos, e iso se reflicte na pouca competitividade en certas posicións.

- Levades máis de dúas semanas adestrando ademais de ter presenza nun torneo amigable. Con esta base, cal cres que é a liña que máis traballo vai necesitar?

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2019-2020. JA: Cando planificamos a tempada, xa viamos que a liña máis frouxa era a liña defensiva, na que tiñamos problemas porque non hai xente moi específica para cada posición. Tamén é certo que defender é un asunto colectivo de todo o equipo, pero vainos costar axustar algúns conceptos que xa debían estar afianzados. De todos os xeitos, levamos dúas semanas e aínda é moi pronto para poder sacar conclusións. Espero que para o partido de previa de Copa contra o Miño seamos quen de amosar unhas ideas máis claras, porque a orde é o que mais nos falta nos partidos que xogamos. Eran rivais de maior entidade que nós, pero podiamos dar mellor imaxe xogando máis ordenados.

- Pensando na base do equipo, que valoras como máis importante, o físico, o táctico ou o mental?

JA: Todo ten a súa importancia, pero na categoría o que máis pesa é o físico e o táctico. O factor técnico debe estar xa bastante aprendido, pero o factor mental é traballo do entrenador; hai que buscar líderes no vestiario para transmitir no campo as ideas do adestrador. Os principios nos que eu máis me enfoco son catro; o compromiso, que é innegociable; o esforzo, xa que con vir a adestrar non é suficiente, haise que esforzar; o respecto é clave tamén, compañeiros, adestradores, instalaciones, adversarios, a nosa propia entidade, o respecto aos obxectivos que temos marcados ao inicio da tempada… Se a iso lle sumamos o talento de algúns xogadores, que teñen que desenvolver a prol do colectivo, un equipo ten que funcionar.

- Falando de obxectivos, cales te marcas para esta tempada?

JA: É algo que estamos a falar recentemente, chegamos á conclusión de que temos que ser nós mesmos, entre equipo e corpo técnico, quen os defina ao longo da tempada. O hándicap é a plantilla tan curta que temos e que pode haber pouca competitividade en certas posicións, e evitar iso é traballo do adestrador. Se somos capaces de establecer un compromiso durante toda a tempada, podemos pelexar por entrar no grupo I, que é o que buscamos. Aínda é pronto para sacar conclusións, estes últimos amistosos non nos dan moitas ás, e agora o que hai que facer é levantar ao equipo para levalo á senda da regularidade.

- Cando saes dun partido, que prevalece máis para tí, as boas sensacións ou o resultado final?

JA: Penso que é difícil perder un partido e saír contento, quizais se a diferencia de entidade é grande e se pelexa, pódese saír con boas sensacións. Porexemplo, facendo referencia aos partidos da semana pasada, a verdade é que nin unha cousa nin a outra, nin o resultado foi bo nin o plasmado na pizarra foi levado á práctica, seguramente polo desánimo xeral do equipo, que encaixou goles bastante pronto, algúns deles con bastante mala fortuna. A actitude que temos que ter agora é de non baixar os brazos, e pelexar todos os partidos.

- Para ir rematando, vouche facer a mesma pregunta que lle fixen aos adestradores de modestos. Todos os adestradores teñen unha filosofía, cal consideras que é a túa?

JA: Unha filosofía? Non sei se a teño! *risas* O máis importante é facer grupo, o que se trata é conseguir que os nenos cheguen ao primeiro equipo e esa filosofía consta de adaptarse ao propio equipo que temos. Eu non me ataría a un tipo de filosofía de fútbol xa predefinido, penso que debo ser eu quen se amolde ao que temos en plantilla para poder facer unha boa tempada. Gústanme os equipos físicos, que presionan e son solidarios no esforzo. Para min, iso é o principal, aínda que se tes xente con máis talento, podes facer cousas máis bonitas; pero o principal é a orde e a solidariedade.

Ata aquí a entrevista, moitas grazas Juan Alberto, e ata outra!

Entrevista realizada por José M. Loureiro Seijas (Josema), estudante de periodismo, veciño de Ares e antigo xogador das categorías  inferiores da ADR Numancia de Ares.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.