Inicio Entrevistas Adestradores XELO, ADESTRADOR DE XUVENÍS
 
 

XELO, ADESTRADOR DE XUVENÍS

 

SDR NUMANCIA. ENTREVISTA A XELO. AGOSTO 2009"TEMOS UNHA PLANTILLA MOI NUMEROSA"

Ángel Tenreiro, Xelo, leva oito temporadas no Numancia adestrando equipos das distintas categorías e hai uns meses conseguiu cos xuvenís a Copa de Ferrol. Esta vitoria propicia a súa participación no trofeo de Ferrolterra no que se enfrontan esta tarde ao Eume nunha eliminatoria previa.

Ángel Tenreiro Sanjuan 'Xelo'. Entrenador del equipo Juvenil. Temporada 2009-2010. S.D.R. Numancia de Ares               Levan adestrando desde principios de agosto e consideramos que era o momento de preguntarlle polo desenvolvemento desta pretemporada:

“Temos a plantilla máis numerosa das últimas temporadas xa que conto con máis de vinte rapaces. En liñas xerais, valoro positivamente esta pretemporada contando que hai bastantes rapaces procedentes de cadetes que teñen que adaptarse á nova categoría e ao equipo. Indicar tamén que é a pretemporada na que máis lesionados estamos tendo, p.ex. o sábado pasado había oito lesionados (non lembro outra temporada igual, con tantas lesións). Quizá inflúa a circunstancia de adestrar no campo de herba artificial, porque aos afeccionados tamén lles está ocorrendo algo similar, é posible que as lesións musculares teñan a súa causa neste factor. Quero destacar que a actitude dos rapaces é moi boa, tanto nos adestramentos coma nos partidos. Estanme sorprendendo positivamente o grupo de rapaces que soben dos cadetes e seguramente necesitaremos máis tempo, tanto no aspecto defensivo coma no ofensivo. Tamén é certo que con este campo, teremos que procurar realizar un fútbol máis elaborado.”


O NUMANCIA SOMOS TODOS

                Agradece ao coordinador de fútbol-11, Chema, a organización dun número importante de partidos amigables e demanda da entidade do Numancia un funcionamento máis global, entendendo que os cadetes tamén lle poden resultar necesarios en determinados momentos: “o Numancia somos todos”. A continuación analiza brevemente os partidos disputados:

“Comezamos xogando un partido a cara de can contra o Narón, un equipo da liga galega, no que aparte do resultado (meteunos un bo repaso: 10-0) e de que levabamos apenas tres días de adestramento, xa puidemos comprobar a boa disposición dos rapaces novos.

O seguinte partido (Numan, 0 – Eume, 2) examinamos o traballo defensivo realizado e considero que  foi bo.

O terceiro partido (Numan, 2 – Perlío, 0) foi un partido aburridísimo, cos dous equipos replegados no seu campo. Nós conseguimos os goles en dúas ocasións ailladas e quizás fosemos superiores defensivamente.

En Caranza, (Caranza, 0 – Numan, 1) continuamos cunha boa liña defensiva.

Por último, o sábado xogamos dous partidos. Pola mañá contra o Val (Numan, 0 – O Val, 5), no que aguantamos a primeira parte pero nos primeiros quince minutos da segunda parte, con tres goles valexos rompeuse o partido. É certo que tiñamos moitas lesións: Antón con tendinite, Martín Díaz con sobrecarga de abdutores, Coco con fractura dun dedo, Jesús sofre un esguince de nocelo, .. infinidade de lesións. Pola tarde tiñamos outro partido contra o Ánimas (Ánimas, 5 – Numa, 0) pero entendo que non fai proba de nada, porque non puidemos disputalo en boas condicións.

En xeral, satisfeito polo traballo desenvolvido e polos partidos disputados, sobre todo considerando o número de rapaces novos e que cos partidos a súa adaptación resulta máis fácil. A porcentaxe de asistencia aos adestramentos (estamos realizando tres sesións semanais)  é moi alta, un 80%. Aproveito tamén para agradecer a colaboración de Toni, lamentando que non poida continuar durante a temporada.


INTENTAREMOS ENTRAR ENTRE OS OITO PRIMEIROS

NUNHA LIGA QUE VAI ESTAR MOI IGUALADA

                Evidentemente, había que preguntarlle polos obxectivos que se marca para a próxima temporada:

“Deberíamos optar a estar nunha posición media-alta, entrar entre os oito primeiros debería ser un obxectivo alcanzable. Como obxectivo de formación está claro que temos un equipo novo, con moitos cativos de primeiro ano, polo que un obxectivo preferente é conseguir a súa integración no grupo e que aprendan a disputar na categoría xuvenil”.

                Analizando a plantilla constata “unha escasez de dianteiros, faltan homes-gol no Numancia. Quizás nas categorías de base debemos priorizar a faceta de finalización e remate. Agora mesmo temos problemas na defensa, debido ás lesións, mais considero que temos un equipo equilibrado mesmo hai unha mestura de xogadores veteráns cunha boa implicación que axudan a que os rapaces de primeiro ano se sumen á dinámica.”

                Comentando a liga desta temporada, cun único grupo local, Xelo suliña que “é unha liga que garante 32 partidos e vai ser unha das máis disputadas dos últimos anos xa que os rapaces de máis calidade están nos equipos de categoría superior (Rácing –aínda que non ten demasiados xogadores da comarca-, As Pontes, Narón e Caranza), co que a liga local será moi igualada. Os favoritos para esta temporada serán os de sempre: Meirás debería estar arriba; Ánimas e Eume, xa fixeron boa campaña a temporada anterior; O Val está facendo un equipo moi competitivo; o Ortigueira xa realizou unha boa campaña o ano pasado; Cebarca e San Sadurniño tiveron bos equipos en cadetes; Cariño sempre é unha incógnita; Perlío ten moitos xogadores e poderá presentar un bo equipo; Mugardos mantén a base do ano pasado e está obtendo bos resultados na pretemporada; non nos podemos esquecer das Pontes que sempre é moi competitivo.”

                Ata aquí esta primeira entrevista con Xelo, un adestrador con experiencia e preparación a pesar da súa xuventude, ao que lle desexamos sorte nesta nova temporada.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.