Inicio Entrevistas Adestradores AFECCIONADOS. MARCOS AMOR
 
 

AFECCIONADOS. MARCOS AMOR

“FOI UNHA TEMPORADA PARA ENMARCAR”.

Por terceiro ano consecutivo, Marcos Amor dirixirá o primeiro equipo do Numancia. Coincidindo coa proximidade do inicio da nova temporada, ofrecémoslles algunhas consideracións ao redor da temporada anterior e tamén da liga 2015-16.
 
Ares, 22 de xullo de 2015
 
Cuartos na Liga e semifinalistas de Copa, parece difícil de igualar ou superar esa marca, non?
 
- A verdade é que foi unha tempada para enmarcar dada a xuventude da plantilla. Ao principio da temporada o obxectivo era loitar por non pasar apuros e o inicio non foi o mellor pero grazas a que este equipo non deixa de traballar nin un minuto e se traballas tarde ou cedo consegues o froito do triunfo.
 
Cales puideron ser as claves da temporada anterior?
 
- A principal clave foi crer en nós mesmos e que eramos capaces de sobrepoñernos ao mal inicio de liga. Todo o que se foi formando no entorno do equipo, as críticas voraces sempre inxustas, sempre dende o rancor e dende o oportunismo, serviunos para traballar aínda máis e poder demostrar que somos un equipo para loitar contra calquera, non para loitar polo descenso como querían algúns. 
Outras das claves é a xuventude e as gañas de aprender e de crecer de cada un dos xogadores. O partido clave dende o meu punto de vista foi a vitoria contundente e con moi bo xogo diante do Mugardos "B" na Pedreira.
 
Como valoras a “unificación” da 2ª e 3ª autonómicas de Ferrol?
 
- Pois a verdade é que se é para potenciar o fútbol na zona de Ferrolterra, benvida sexa. Ao final hai que xogar todos os domingos e saír a gañar sexa cal sexa o rival.
 
E que obxectivo terá o Numancia nesa liga?
 
- Pois o principal obxectivo se o formato de liga se fai como se propuxo, sería clasificarnos entre os primeiros seis equipos do grupo do Numancia e poder crecer aínda máis do que se creceu este ano. Sempre hai que mirar de mellorar o do ano anterior.
 
Poderías analizar o teu equipo, por liñas?
 
- En portería: temos dous xogadores moi involucrados no seu traballo e sempre miran de traballar para ser mellores; son xogadores de moita  xuventude nun posto onde sempre teñen unha responsabilidade moi grande.
- Na defensa: igual que en portería, defensa moi nova, con moitas gañas de aprender. Esa xuventude custounos malas pasadas pero valeu para aprender e así se demostrou de metade a final de temporada.
- En mediocampo: equipo moi conxuntado e moi novo, onde xente como Julio e Teti dan o toque  de "veteranía" que se necesita en certa posición no campo.
- Na dianteira: as lesións ao largo do inicio e metade da tempada non deixaron que ningún dos dianteiros tiveran esa regularidade que require un xogador. Unha vez que as lesións nos respectaron as cousas empezaron a saír ben e creceron a nivel de número de goles.
 
Equipos favoritos para estar nos primeiros postos?
 
- É moi cedo para poder dar nomes pero por traxectorias dos últimos anos, Deportivo Narón, (dado que os xogadores son do anterior Narón), Ortigueira, Caranza, Maniños, Meirás, As Pontes "B" e esperemos que o Numancia.
 
Normalmente, o Numancia non trae xogadores doutros equipos. Paréceche un hándicap ou máis ben unha vantaxe?
 
- Non ten por que ser un hándicap porque nas categorías inferiores do club hai xogadores de sobra para nutrir o primeiro equipo, pero cando hai algún ano onde por motivos de saúde ou de estudos ou de non sentirse motivados para seguir xogando ao fútbol, se hai que saír fóra do club a facer fichaxes que poidanMarcos Amor. Adestrador do equipo de modestos do Numancia de Ares. axudar a crecer o club, benvidos serán.
 
En relación coa esixencia de contar cun título de monitor ou adestrador para traballar no fútbol base, a partir desta temporada, cal é a túa opinión?
 
- Véndoo dende o punto de vista dun adestrador que durante tres anos estudou para facerse cos tres niveis como técnico deportivo ou como adestrador, segundo se queira mirar, paréceme o máis acertado.
 
Ves problemático que os clubs poidan contar con xente formada para dirixir cada un dos equipos que presenten?
 
-  Véxoo complicado desde o punto de vista dos clubs, haberá clubs que ao final teñan problemas para facerse con adestradores con títulos.
 
Ata aquí estas primeiras declaracións de Marcos, unha semana antes de que o balón volva rodar por Prados Vellos. Os adestramentos dos afeccionados comezarán este vindeiro luns, 27 de xullo, ás 20.00 h.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.