Información probas Avaldía

Á volta das vacacións de Semana Santa imos realizar as probas de Avaldía para o alumnado de 4º de primaria.

Estas probas serven para unha avaliación diagnóstica do sistema educativo, e para poñer en marcha medidas correctoras que poidan supoñer unha mellora do sistema.

Achegamos aquí un documento explicativo no que poderedes informarvos de como vai ser a realización destas probaas e onde poderedes aclarar as dúbidas que poidades ter sobre este proceso.

En todo caso teremos tamén unha reunión presencial na que tentaremos aclarar todas as cuestións que queden sen resolver.

 

Información Avaldía by Quini Freixeiro on Scribd

Contacontos para primeiro e os cativos de 3 anos

Hoxe visitounos Paco Nogueiras e tivo unha, coma sempre que nos visita, marabillosa sesión de contacontos cos pequenos das dúas etapas do colexio: os de 3 anos de infantil e os de primeiro de primaria.

Como sempre cantamos con el, levamos o ritmo, e quedamos coas ganas de coller eses libros tan fenomenais para ler nas nosas casas.

Deixámovos aquí unha pequena reportaxe gráfica da sesión.

As Dinochilas vanse de paseo

Tagged:  

DINOCHILAS:

 -Cada semana levo unha Dinochila á miña casa. Cada unha ten 5 contos, para que a miña familia me lea un conto cada noite.

 -Coas Dinochilas pretendemos achegar @s nen@s aos contos, espertando a súa paixón pola lectura, á vez que comparte coa súa familia un momento de tranquilidade antes de durmir. Aconséllase o diálogo sobre cada relato, así como asegurarnos de que o nen@ comprende o argumento, facéndolle preguntas relacionadas coa historia que acabamos de compartir.

 Tamén se poden realizar outros xogos como buscar un novo final ao conto, describir obxectos, conversar sobre as actitudes dos personaxes, describir algún personaxe ou debuxo,…

 Pero a finalidade sempre será o goce pola lectura, así como crear un hábito lector dende o primeiro ano de escolarización d@s nen@s.

 

 

 

 

8 de Marzo: Marcha pola Igualdade

Tagged:  

O vindeiro 8 de Marzo faremos unha nova edición da nosa marcha pola igualdade.

Percorreremos parte do casco urbano do Barco coas nosas camisetas estampadas por nós mesmos, e coma un remuíño de bolboretas lilas, asolagaremos a vila de mensaxes pola igualdade.

Ao remate da nosa andaina faremos unha merenda saudable na Praza Maior.

Así que marcha+merenda=merendaina!!!

Unídevos a nós nesta MERENDAINA reivindicativa para acadar un mundo máis xusto, igualitario e solidario.

Tamén fixemos este novo podcast coa intervención e as investigacións do alumnado de 4º de primaria

Datos xerais do centro

Denominación: C.E.I.P. Condesa de Fenosa

Titularidade: Centro Público

Nº Código de Centro: 32015116

Enderezo: Rúa Coruña 24; 32300 O Barco de Valdeorras

Enderezo electrónico: ceip.condesa.fenosa@edu.xunta.es

Teléfono: 988 78 36 46 e 988 78 36 48

Teléfono Departamento Orientación: 988 78 36 47

 

Entradas e saídas do alumnado non transportado:

 

Para facilitar a entrega d@s nen@s recomendamos ás familias que esperen na beirarrúa de enfronte do colexio deixando libre a beirarrúa do colexio para o uso exclusivo do alumnado.

Prégase puntualidade á hora das entradas e saídas

 

Máis información sobre as nosas actividades, recursos e oferta educativa aquí.

O Ceip Condesa de Fenosa é un centro público de ensino infantil e primario no que pretendemos ofrecer servizos educativos de calidade para todo o noso alumnado.

Pretendemos facer un ensino en igualdade, sen discriminación, inserido no seu contexto cultural e lingüístico e coa participación activa de todos os membros da comunidade educativa.

Distribuir contido