ESTE SÁBADO, TODOS A PRADOS VELLOS

ADR Numancia de Ares. Final Copa Afaco Juveniles 2018-2019 Numancia de Ares- As Pontes  ADR Numancia de Ares. Fase de Ascenso Liga Gallega de Infantiles temporada 2018-2019.

FINAL COPA AFACO XUVENIL E FASE DE ASCENSO INFANTIL, ESTE SÁBADO EN PRADOS VELLOS

A temporada vai chegando ao seu final, pero os nosos equipos de base non queren coller vacaccións e este sábado teremos a oportunidade de disfrutar de dous grandes partidos en Ares.

ADR Numancia de Ares. Final Copa Afaco Juveniles 2018-2019 Numancia de Ares- As Pontes

FINAL COPA AFACO XUVENIL

O equipo xuvenil conseguiu chegar a Final despois de vencer no triangular de A Pedreira, eliminando a Galicia de Mugardos e AD Miño e de vencer o pasado sábado por 3-2 ao Cultural Maniños na semifinal disputada en Prados Vellos. Este sábado as 11:30 xogarán a final da COPA AFACO ante o potente, CD As Pontes en Prados Vellos.

FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA INFANTIL

ADR Numancia de Ares. Fase de Ascenso Liga Gallega de Infantiles temporada 2018-2019.Os infantís seguen ao seu, e conseguiron eliminar ao Dumbría CF na primeira eliminatoria da Fase de Ascenso. O 2-1 de hai dúas semanas en Ares nunha tarde memorable en Ares e o 1-3 do pasado sábado en Dumbría, nunha bonita viaxe para recordar a unha boa terra cun club que nos tratou de maneira maravillosa, ofrécelles a posibilidade de xogar a segunda eliminatoria. Desta vez, visitará Ares o SD Burela, un conxunto ante o que o noso club xa xogara unha Fase de Ascenso hai 23 anos. Será o sábado ás 17:30, sendo o partido de volta no campo de A Marosa da Mariña lucense o domingo 9 de Xuño ás 12:00.

¡¡¡Gran sábado de fútbol base en Prados Vellos. Non podes faltar...¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.